Coa axuda dunha nutricionista aprenderemos técnicas para levar a cabo un estilo de vida saudable e hábitos alimenticios que se requiren para beneficiar as capacidades de corpo e mente. Dun xeito ameno e divertido descubriremos cómo alimentarnos mellor pois en definitiva: Eres o que comes.
Os talleres de nutrición impartiranse en horario de 21:00 a 22:00 e serán gratuitos non sendo preciso anotarse previamente.
8 abril Sala de Lectura do Incio // 10 abril local social de Eirexalba// 14 de abril local social de Vilademouros// 15 de abril local social da Cervela// 17 de abril local social de Barbaín//22 abril local social do Val do Mao//24 de abril local social de Valbón e 29 de abril local social da Ferrería.