Acondicionamento de viario público na Cervela. A obra ascendeu a 60.503,30€ con ive incluido. Contamos cunha subvención do 80% da Xunta de Galicia: 40.000€. O Concello do Incio aportou o resto: 20.503,30€. Con esta obra melloraronse dous camiños: Un camiño municipal que comunica as vivendas dun dos barretes desta parroquia e outro de acceso as parcelas de uso agropecuario da zona.
Arquivos mensuais: Outubro 2015
A Deputación de Lugo mellora accesos en Eirexalba
Modificación da ordenanza fiscal da auga
O Concello do Incio vén de aprobar a modificación da ordenanza fiscal por tasa de subministro da auga: O impago de dous trimestres consecutivos ou non consecutivos dará lugar o corte do subministro de auga, sempre previa audiencia do interesado, por prazo de 15 días hábiles. Poderá recuperarse o servizo unha vez se abonen os importes pendentes de pago.
Festivos Locais 2016
Os festivos locais do Concello do Incio para o ano 2016 serán o 9 de maio correspondente coa festividade de Santa Cruz e o 16 de maio San Eufrasio.
Modificación da ordenanza reguladora do IBI
O Concello do Incio vén de aprobar a modificación da ordenanza reguladora do imposto sobre bens inmobles. En base a criterios de eficiencia e economía na xestión recadatoria do tributo, establecense as seguintes exencións: 1.- Os inmobles urbanos cuxa cuota líquida sexa inferior a dous euros 2.- Os inmobles rústicos sitos neste municipio e correspondentes a un mesmo suxeito pasivo cando as cuotas agrupadas deste imposto sexan inferiores a dous euros.