O Concello do Incio contou no 2025 cun total de 290.414,76 € procedentes do Plan Deputación 2025 para a realización de diversos investimentos, actividades culturais e deportivas, promoción turística, feiras e mercados, reforzo do emprego e servizo de axuda no fogar.
Programa cultural
Con cargo a este programa, colaborouse na organización de festivais, entre os que destacan “Terra Brava”, na Cruz do Incio, e “Tremeterra fest” en Eirexalba, cunha partida conxunta de 7.000,00 euros.
Así mesmo, levaron a cabo clases de música e baile tradicional para nenos e adultos na Cruz do Incio, fomentando así a cultura tradicional galega, destinando unha partida de 9.500,00 euros.
Un ano máis, tamén se colaborou na edición, deseño e impresión da revista cultural “Os Fanagueiros” cun total de 1.500,00 €.
Por último, púxose en marcha ao longo do ano 2025 un “circuíto cultural nas parroquias”, achegando diversas actividades culturais a diferentes puntos do Concello, o que supuxo unha partida total de 10.000,00 €.
Programa deportes
Con cargo a este programa, levou a cabo a actuación “deporte nas parroquias”, mediante o cal se programaron clases de ximnasia, zoa, aerobic, ioga, pilates, etc. en diferentes lugares do Concello. Este programa tivo unha achega de 3.000,00 € con cargo ao Plan Deputación.
Programa turismo
O Concello do Incio destinou unha partida de 4.500,00 € do Plan Deputación a unha campaña de promoción turística do Concello, para así dar a coñecer a cantidade de recursos turísticos cos que conta esta terra.
Reforzo do emprego
Destínanse un total de 46.567,92 € do Plan Deputación á contratación de 3 operarios de servizos múltiples para o reforzo dos servizos básicos de limpeza viaria, rozas, obras e reparacións varias e á contratación de 1 auxiliar administrativa de reforzo en oficinas; contratacións levadas a cabo durante o ano 2025.
SAF
O servizo de axuda no fogar en modalidade de libre concorrencia contou cun financiamento de 25.000,00 € con cargo ao Plan Deputación 2025.
Feiras e mercados
Un total de 4.306,29 € procedentes do Plan Deputación 2025 foi destinado á organización da feira do cocido e porco celta que tivo lugar en marzo en Eirexalba e a feira de artesanía de Agosto na Cruz do Incio.
Investimentos
Por último, con cargo ao Plan Deputación 2025 fináncianse os seguintes investimentos, a executar durante os anos 2025 e 2026 e que alcanzan un importe total de 191.757,35 €:
– Pavimentación de accesos aos núcleos de Ferrería, Saa, Monteagudo, San Salvador, Viladecais, Pacios, Viteses e Vilar dá Vara.