O Concello do Incio contou con máis de 290.000€ do Plan Deputación 2025

O Concello do Incio contou no 2025 cun total de 290.414,76 € procedentes do Plan Deputación 2025 para a realización de diversos investimentos, actividades culturais e deportivas, promoción turística, feiras e mercados, reforzo do emprego e servizo de axuda no fogar.

Programa cultural
Con cargo a este programa, colaborouse na organización de festivais, entre os que destacan “Terra Brava”, na Cruz do Incio, e “Tremeterra fest” en Eirexalba, cunha partida conxunta de 7.000,00 euros.

Así mesmo, levaron a cabo clases de música e baile tradicional para nenos e adultos na Cruz do Incio, fomentando así a cultura tradicional galega, destinando unha partida de 9.500,00 euros.

Un ano máis, tamén se colaborou na edición, deseño e impresión da revista cultural “Os Fanagueiros” cun total de 1.500,00 €.
Por último, púxose en marcha ao longo do ano 2025 un “circuíto cultural nas parroquias”, achegando diversas actividades culturais a diferentes puntos do Concello, o que supuxo unha partida total de 10.000,00 €.

Programa deportes
Con cargo a este programa, levou a cabo a actuación “deporte nas parroquias”, mediante o cal se programaron clases de ximnasia, zoa, aerobic, ioga, pilates, etc. en diferentes lugares do Concello. Este programa tivo unha achega de 3.000,00 € con cargo ao Plan Deputación.

Programa turismo
O Concello do Incio destinou unha partida de 4.500,00 € do Plan Deputación a unha campaña de promoción turística do Concello, para así dar a coñecer a cantidade de recursos turísticos cos que conta esta terra.

Reforzo do emprego
Destínanse un total de 46.567,92 € do Plan Deputación á contratación de 3 operarios de servizos múltiples para o reforzo dos servizos básicos de limpeza viaria, rozas, obras e reparacións varias e á contratación de 1 auxiliar administrativa de reforzo en oficinas; contratacións levadas a cabo durante o ano 2025.

SAF
O servizo de axuda no fogar en modalidade de libre concorrencia contou cun financiamento de 25.000,00 € con cargo ao Plan Deputación 2025.

Feiras e mercados
Un total de 4.306,29 € procedentes do Plan Deputación 2025 foi destinado á organización da feira do cocido e porco celta que tivo lugar en marzo en Eirexalba e a feira de artesanía de Agosto na Cruz do Incio.

Investimentos
Por último, con cargo ao Plan Deputación 2025 fináncianse os seguintes investimentos, a executar durante os anos 2025 e 2026 e que alcanzan un importe total de 191.757,35 €:
– Pavimentación de accesos aos núcleos de Ferrería, Saa, Monteagudo, San Salvador, Viladecais, Pacios, Viteses e Vilar dá Vara.

facebookfacebook

O Concello do Incio executa obras de mellora no seu viario municipal con cargo a remanentes do Plan Deputación de Lugo de Cooperación cos Concellos 2024

O Concello do Incio executa obras de mellora no seu viario municipal con cargo a remanentes do Plan Deputación de Lugo de Cooperación cos Concellos 2024.

Esta actuación, adxudicada a Fevisa Vías y Obras S.L., consiste no “Acondicionamento e mellora dun camiño municipal no lugar de Veiga (Sta. María do Mao)” e alcanza un total de 14.331.85 €, incluídos honorarios técnicos. Lévase a cabo a limpeza de cunetas, a mellora do firme e a extensión dun dobre rego asfáltico.

Con esta obra complétanse os traballos de mellora de accesos no lugar de Veiga de Abaixo, en Santa María do Mao, no que recentemente se levou tamén a cabo outra actuación de mellora noutro camiño municipal dentro do proxecto “Acondicionamento de camiños municipais situados nos lugares de Veiga e A Cruz do Incio”, proxecto financiado parcialmente pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia e que sumou un total de 50.000,00 € para a mellora de accesos en dous puntos do concello.

facebookfacebook

O Concello do Incio é beneficiario de subvención para a prestación do servizo de Atención Temperá nos anos 2024 a 2026

O Concello do Incio foi beneficiario da convocatoria de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá nos anos 2024 a 2026, cofinanciada pola Unión Europea.

O obxectivo principal destas axudas é promover a autonomía persoal de menores de 0 a 6 anos con trastornos no seu desenvolvemento.

O resultado que se pretende acadar é facilitar a inclusión social e a igualdade de oportunidades de todos os nenos e nenas.

facebookfacebook

O Concello do Incio recibe unha axuda da Xunta para unha planta de xeración fotovoltaica no bombeo cofinanciada pola UE

O Concello do Incio foi beneficiario dunha axuda para o proxecto “Planta de Xeración Fotovoltaica no Bombeo de O Incio” concedida polo Instituto Enerxético de Galicia para a realización de proxectos de enerxía fotovoltaica, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027.

Esta subvención encádrase dentro da Resolución do INEGA do 7 de marzo de 2024 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a realización de proxectos de enerxía fotovoltaica para o ano 2024, cofinanciadas polo FEDER no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027 (DOG n.º 56 do 19/03/2024).

A axuda, que alcanza os 14.887,07 € (un 60% do orzamento), sitúase dentro da seguinte clasificación:

Obxectivo Político 2 (Unha Europa máis verde, baixa en carbono, en transición cara a unha economía con cero emisións netas de carbono e resiliente, promovendo unha transición enerxética limpa e equitativa, o investimento verde e azul, a economía circular, a mitigación e adaptación ao cambio climático, a prevención e xestión de riscos e a mobilidade urbana sustentable), Prioridade de Investimento P2A (Transición verde), Obxectivo Específico RSO2.2 (Fomento das enerxías renovables de conformidade coa Directiva (UE) 2018/2021, en particular os criterios de sustentabilidade que se detallan nela), Liña de Actuación 2.2.01 (Incentivos as enerxías renovables térmicas e eléctricas), Operación “Subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica, para el año 2024”, ámbito de intervención: 048- enerxía renovable solar)

Os obxectivos desta actuación consistiron en substituír unha parte da enerxía eléctrica consumida da rede no bombeo de O Incio por enerxía de orixe renovable, obtendo como resultados unha minoración das emisións de carbono á vez que o custo da factura eléctrica se reduce.

facebookfacebook

O Concello do Incio realiza accións cofinanciadas pola UE para a prevención e defensa contra incendios forestais a través dun convenio coa Consellería de Medio Rural

A Consellería do Medio Rural e o Concello do Incio asinaron neste 2025 un convenio para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os exercicios 2025 e 2026, actuacións cofinanciadas pola Unión Europea – Feader no marco da PEPAC 2023-2027.

Coa sinatura deste convenio lévanse a cabo diferentes accións de prevención e defensa contra os incendios forestais neste termo municipal, co obxectivo de contribuír a minimizar este tipo de sinistros, tentando acadar como resultado un menor número de lumes e do seu impacto no territorio.

facebookfacebook

O Concello do Incio realiza obras cofinanciadas pola UE para a mellora da eficiencia enerxética na Casa Consistorial

O Concello do Incio levou a cabo durante o 2025 a realización de obras de mellora da eficiencia enerxética na Casa Consistorial, unha actuación cofinanciada pola Unión Europea.

Para as obras de mellora da eficiencia enerxética, que tiveron lugar no primeiro semestre de 2025, obtívose unha subvención por importe de 87.069,89 € con cargo á “Orden de 16 de enero de 2024 por la que se establecen las bases reguladoras y se convocan subvenciones, de carácter plurianual y en régimen de concurrencia competitiva, para la realización de obras de eficiencia energética en edificios e infraestructuras vinculados a la prestación de servicios municipales, destinadas a ayuntamientos de Galicia, susceptibles de ser cofinanciadas por la Unión Europea en el marco del programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedimiento PR486D)”.

Estas actuacións, adxudicadas á empresa Instalaciones del Valle S.L., consistiron en dúas grandes actuacións:

- A reforma da envolvente térmica mediante a execución dun trasdosado interior coa introdución dun illamento de la de roca e un revestimento composto por placas de xeso laminado, conseguindo evitar na maior medida posible as pérdidas de calor a través dos cerramentos das plantas baixa, primeira, segunda e baixo cuberta.

- Substitución da climatización existente con caldeira de gasóleo por unha moito máis eficiente en todo o seu conxunto, coa colocación de unha bomba de calor aire-aire (aerotermia).

Con esta actuación, contribúese a reducir a emisión de gases de efecto invernadoiro, afrontando os efectos do cambio climático, mellorando á súa vez a confortabilidade e climatización deste edificio municipal.

facebookfacebook

O Concello do Incio levou a cabo diversas actividades durante o curso escolar 2024-25 dentro do Programa de conciliación do Concello do Incio, para o que contou con 30.380,23 € de financiamento procedente da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e do Ministerio de Igualdade dentro do “Plan Corresponsables”

As actuacións consistiron en diversos servizos de coidados profesionais en dependencias públicas que facilitaron a conciliación familiar e laboral de unhas 30 familias e uns 50 nenos e nenas con atención antes e despois da xornada lectiva, así como durante as matinais do Nadal e dos meses de verán.

Deste xeito, estivo en funcionamento durante os meses lectivos o servizo de madrugadores durante dúas horas diarias antes da xornada escolar, coidados despois da xornada lectiva con especialización en diferentes materias (inglés, patinaxe…), un campamento nas semanas de Nadal e un campamento de verán durante as mañás dos meses de xullo e agosto.

O Programa de conciliación do Concello do Incio terá continuidade no vindeiro curso escolar 2025-26.

facebookfacebook

A igrexa de San Pedro Fiz acolle o sábado a presentación do proxecto ‘Na Casa Delas’

O Concello do Incio colabora coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, que este sábado presentan o novo proxecto ‘Na Casa Delas’ na igrexa de San Pedro Fiz de Hospital.

A iniciativa, continuidade de ‘Na Casa Deles’, ofrece un concerto do cuarteto vocal ‘Son de Corda’ con poemas musicados de Marica Campo, Luz Pozo, Olalla Cociña, María Mariño, Xela Arias e Olga Novo. Tamén se vai proxectar un vídeo coa visita á casa de cada unha das poetas.

A actuación será ás 19:00 horas con entrada de balde ata cubrir aforo.

O alcalde do Incio, Héctor Corujo, agradece a colaboración da Diócese de Lugo coa celebración deste concerto.

facebookfacebook

O Concello do Incio colabora coa cuarta edición do Festival Tremeterra, que comeza hoxe en Vilasouto

O Incio volverá vibrar coa cuarta edición do Tremeterra, Encontro Soundsystem da Terra Brava, que se celebra hoxe e mañá na contorna de Vilasouto e co que colabora o Concello do Incio. O alcalde do Incio, Héctor Corujo, acompañou esta mañá á organización, que se ocupa dos últimos preparativos antes do comezo do festival.

A programación combina obradoiros, debates e música ao vivo cunha ampla representación de artistas e colectivos da escena internacional do reggae e do dub.

O venres 29 de agosto abrirán a xornada Pirata Sound Sensistema (16:30-18:00), Bakin Black (18:00-19:30) e Morgana xunto a Nina Girassois (19:30-21:00). Pola noite será a quenda de 10.000 Lions (21:00-23:00), Black Beanie Dub (23:00-01:00), Ishan Sound con Rider Shafique (01:00-02:30) e Dub Mono HiFi, que pechará a sesión de madrugada (02:30-04:30).

O sábado 30 de agosto a programación arrincará con Media Lúa Soundsystem (15:30-17:00), seguido de Ital Roots con Long Fingah (17:00-18:30), Roll&Record con Alpha Pup (18:30-20:00) e Ashanti Selah (20:00-21:30). Xa na noite subirán ao escenario Lion’s Den Soundsystem (21:30-23:30), High Nebra acompañado de Indra Mc, Piya Zawa e Tom Spirals (23:30-01:30), Dubbing Sun (01:30-03:00), Violinbwoy (03:00-04:30) e, para rematar, novamente Lion’s Den Soundsystem (04:30-06:30).

O festival preséntase como un espazo de convivencia arredor da música, a cultura e a memoria comunitaria, consolidándose como unha cita de referencia a nivel galego.

facebookfacebook